Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Culturalia GZ publica na súa plataforma varias obras para descarga gratuíta

Por 14 Febreiro, 2018Sin comentarios

O soporte dixital e cultural www.culturaliagz.com e o grupo NPG siguen a editar libros dixitais para a súa descarga gratuita. Así, este xoves 15 subiranse á plataforma dous ensaios sobre dúas obras do poeta brasileiro Luís Serguilha (Plantar rosas na barbárie e Kalari) dos que é autora a portuguesa Ana María Rodrigues Oliveira. Tamén estará a disposición dos usuarios unha obra colectiva de poetas galegos e portugueses coordinada polo lugués José Estévez (PORTUGALICIDADES Poesía en galego e portugués), coa participación de poetas de ambos os dous países.

Está en proxecto tamén a edición nas vindeiras semanas dun poemario de Jesús María Trashorras Nigueira e con portada da artista de Monterroso Adolfina Mesa ou as intervenciós da xornada de nacemento da NPG Nova Poesía Guitirica no 25 cabodano da morte de Díaz Castro en outubro de 2015. Todas estas edicións dixitais son publicadas tamén no portal www.galiciadigital.com na súa biblioteca virtual.

Estas publicacións súmanse a compilación das edicións #PoemasPenduradosDeFarolas, o #CertameVilariñas 2017, o poemario ARGONAUTA de Moncho Bouzas e as taboas do falecido Anxo Lamas doadas a Xermolos. Todas estas edicións dixitais son publicadas tamén no portal www.galiciadigital.com na súa biblioteca virtual.

O obxectivo destas accións é contribuír á publicación e difusión de obra artística e literaria asequible a toda a creación poética, literaria e artística. O éxito das actividades promovidas pola NPG e Culturalia GZ “manteñen á Terra Chá como está potencia poética e literaria desde a base, facilitando a participación e difusión da cultura en todos os ámbitos”, din.