Skip to main content
ActualidadeMondoñedo

Decembro acollerá un obradoiro con Irma Loureiro en Mondoñedo

Por 9 Decembro, 2020Sin comentarios
Os nenos mindonienses poderán asistir a un taller coa pintora Irma Loureiro e á súa exposición de cadros Recunchos literarios de Mondoñedo.

Os obradoiros serán os sábados día 12 e 19 de decembro de 2020 terán lugar na casa da xuventude situada na rúa Pacheco. A pintora impartirá dous obradoiros cada día orientados a nenos de diferentes idades.

Os horarios dos obradoiros serán de 11 a 13 horas para idades comprendidas de 8 a 10 anos, e de 16 a 18 horas para nenos de 5 a 7 anos.
O número máximo de participantes por obradoiro será de 9 prazas. Pódese facer inscrición previa na Oficina de Turismo de Mondoñedo 982 507 177.
Esta actividade realizarase con todas as medidas de seguridade contra a covid-19.

Por outra banda, o sábado 19 ás 20 horas terá lugar inauguración da exposición Recunchos Literarios de Mondoñedo, que estará no Albergue Público Municipal, situado na Praza Jaime Cabot.

Trala súa inauguración permanecerá aberta do domingo 20 ao domingo 27 en horario de 11 a 13 horas e de 17 a 20 horas.