Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba organiza dous concursos con motivo do Día do Libro

Por 21 Marzo, 2018Abril 16th, 2019Sin comentarios

O Concello de Vilalba celebrará io Día do Libro cunha serie de actividades ás que están invitadas a participar todos os que o desexen e que se desenvolverán na Casa da Cultura e na Biblioteca.

Un libro por unha cita

Entre o martes 20 de marzo e o venres 20 de abril de 2018, estarán repartidos na Biblioteca Municipal e na Casa da Cultura de Vilalba 24 libros variados destinados a distintas idades (infantil, xuvenil e adultos). Atoparanse numerados e a súa identidade será unha incógnita, posto que estarán perfectamente envoltos. Cada un terá no exterior do envoltorio un papeliño cunha cita pertencente ao mesmo.

Cada persoa escollerá un dos libros dispoñibles na Biblioteca Municipal ou na Casa da Cultura para tratar de descubrir de cal se trata. Deste xeito, terá que escribir nun papel que lle facilitarán, un apartado de datos persoais e despois introducirá o papel nun sobre co número do libro correspondente a cambio dun resgardo co número do libro que tentou descubrir.

No acto previsto para a conmemoración do Día do Libro na Casa da Cultura (luns 23 de abril de 2018 ás 20:00 horas), unha persoa das presentes na sala introducirá a man e escollerá ó azar un dos sobres de cada bolsa. O primeiro que saia de cada unha e que teña os datos do libro correspondente correctos, será premiado con dito libro. A participación é presencial.

Concurso Libro, cámara e acción

O concurso destinado a todos os públicos, consiste na elaboración dun vídeo nun formato estándar (dun máximo de tres minutos de duración) no cal se dramatizará ou escenificará un fragmento dunha obra literaria de calquera xénero.

A persoa ou persoas cuxo vídeo resultou finalista recibirá un diploma e un lote de libros de María Victoria Moreno, autora á que se lle adica o Día das Letras Galegas no 2018. O gañador do concurso será agasallado cun diploma e cunha tablet de última xeración.

O prazo de envío será dende o martes 20 de marzo de 2018 ata o xoves 19 de abril de 2018