Skip to main content
Destacadas LUGOXADestacadas Otros LUGOXA

Feira de artesanía, degustacións e música: Orbazai reivindica a tradición nunha nova Foliada

Por 27 Abril, 2024Sin comentarios

Orbazai volve reivindicar a música tradicional e volve poñer en manifesto o dinamismo social e cultural da súa parroquia cunha nova edición da súa tradicional Foliada. A décimo segunda edición da cita terá lugar o vindeiro sábado 1 de xuño.

Airiños de Orbazai, a Asociación de Veciños e a Comunidade de Montes, organiza de novo esta xornada na Carballeira de Xanares. O programa comezará ás 11.00 horas con feira de artesanía para logo dar paso ao Festival das Escolas da man de Airiños de Orbazai a partir das 13.00 horas. Xa ao mediodía os asistentes poderán gozar da sesión vermú coas pandereteiras de Orbazai e do tradicional xantar popular.

As actuacións musicais continúan pola tarde con Cantareiras O´Xanares, a asociación cultural Xermolos, Ondiñas do Mendo a agrupación folclórica La Sidrina e Airiños de Orbazai. Pola noite haberá degustación de pinchos e foliada popular. Os interesados en reservar o seu sitio no xantar poden facer a reserva anticipada no 607 368 490 ou no 647 204 263.

A foliada remóntase ao ano 2011 cando botou a andar esta xuntanza na que adoitan participan grupos de orixe lucense que demostran que a nosa música está a vivir un rexurdir. Na última edición, xuntaron unha decena de postos de teceduría, xogos de madeiras, obradoiros de construción de instrumentos ou produtos agroalimentarios que lograron reunir a unhas 400 persoas.