Skip to main content
Chantada

Festas patronais en Chantada para clausurar o mes de agosto

Por 25 Agosto, 2022Sin comentarios

O municipio de Chantada celebra dende o 26 ao 30 de agosto as súas festas patronais con concertos, festivais e certames que farán as delicias de maiores e pequenos.

As festas darán comezo maña día 26 de agosto coa gala infantil El legado del Tibu, na praza de Santa Ana. Ese mesmo día terán lugar tamén o concerto dos grupos locais Tian Gz & Rastrelos e un festival de DJs na praza do Pavillón.

O sábado 27 haberá un desfile de rúa da Agrupación Tradicional da Casa da Música con Cabezudos, actuación da banda de gaitas do concello de Chantada, Folión de Carros e concerto de Treixadura na praza de Santa Ana.

O domingo 28 poderase desfrutar dun desfile de rúa a cargo dos gaiteiros, o XXXI certame de bandas de música e as actuacións das orquestras París de Noia e Tango, entre outras actividades. Panorama e Los Satélites para clausurar a noite.

O luns será a quenda da orquestra La Fórmula e o grupo Assia, logo da festa infantil con inchables e os fogos artificiais.

E xa o martes 30, a festa da empanada, coas actuacións de gaiteiros, tres charangas diferentes no campo do San Lucas e as orquestras