Skip to main content
ActualidadeRibadeo

Fin de semana tecnolóxica da man de Apaga en Ribadeo

Por 8 Abril, 2019Sin comentarios
Nas instalacións do hotel O Cabazo, de Ribadeo, tivo lugar este sábado unha nova fin de semana tecnolóxica organizada por Apaga. O tema principal foi a diagnose de avarías en vehículos de gasolina, sistemas de encendido e de inxección.
No curso participaron 6 profesores e 10 técnicos de empresas da zona. O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explicou que “partindo de avarías provocadas en vehículos, utilizando distintos sistemas de diagnose con equipos e ferramentas que se empregan habitualmente fixéronse comprobacións sobre os sistemas, pero tamén de elementos como equipos simples e máquinas especiais”.
Para maio están previstas dúas actividades de Apaga, unha de caixas de cambios automática e outra de sistemas de control de información Passthur para diagnose de vehículos.