Skip to main content
AlfozAxenda Caducada

Lagoa, en Alfoz, celebrará as festas na honra a Santiago e Santa Ana

Por 16 Xullo, 2022Xullo 25th, 2022Sin comentarios

En Lagoa, Alfoz, celébranse os días 23, 24 e 25 deste mes de xullo as festas na honra a Santiago Apóstolo e Santa Ana.

O sábado 23, ás 21.00 horas, terá lugar unha torreznada, chourizada e sardiñada amenizada polo dúo Merengue e o trío Lembraza

O domingo 24, ás 13.00 horas, celebrarase a misa solemne seguida de procesión. Haberá tamén sesión de música co grupo Lume que tamén porá a nota musical á verbena da noite xunto coa discoteca móbil Pisando Fuerte.

O luns 25, ás 13.00 horas, volverá o oficio relixiosocoa procesión e a sesión vermú co dúo Muralla.

Esta festa está organizada pola comisión de festas de Lagoa, e colaboran a Asociación de Veciños San Vicente de Lagoa, o Concello de Alfoz e a Deputación de Lugo.