O Concello do Valadouro acolle un espectáculo de maxia a cargo do Mago Teto o sábado 23 ás 19.00 horas na casa da cultura.
É unha actividade organizada pola Biblioteca Pública Municipal a través do programa Ler conta Moito da Rede de Bibliotecas para disfrutar dunha viaxe máxica para nenos e maiores ao mundo dos contos.