Skip to main content
Viveiro

María Loureiro anuncia a creación “dunha concellaría dedicada ás parroquias e o medio rural de Viveiro”

Por 14 Maio, 2023Sin comentarios

María Loureiro García, candidata socialista á reelección como alcaldesa de Viveiro, anunciou “a creación dunha concellaría dedicada única e exclusivamente ás parroquias e o medio rural do noso concello, para recibir de primeira man todas as súas propostas e inquedanzas”.

“Continuamos co noso plan de mellora continua dos servizos públicos e infraestruturas, reforzando e mellorando naqueles aspectos que as parroquias trasladen a esta nova concellaría”, afirma Loureiro.

“Temos programadas numerosas actuacións se os veciños nos dan a confianza o 28 de maio para mellorar a ampliar a rede de saneamento e traída de auga nas parroquias, ademais de obras de pavimentación, alumeado e limpeza”, explica.

En palabras de María Loureiro, “o rural sempre foi unha prioridade para nós, pero queremos dar un paso máis coa creación desta concellaría específica, mantendo un diálogo continuado coas asociacións veciñais”.

“Concretaremos acordos coas Comunidade de Montes para a realización de obras na contorna de cada parroquia e, como vimos facendo, apostaremos polas tradicións, colaborando con apoio económico e loxístico con todas as comisións de festas”.