Skip to main content
Lugo

Medio Ambiente acondiciona a ponte da estación para mellorar unha das principais entradas á cidade

Por 18 Xullo, 2022Sin comentarios

O Executivo de Lara Méndez, acometeu esta fin de semana o acondicionamento e repintado da ponte sobre a estación do tren co obxectivo de mellorar o seu estado e ornato, atendendo, ao mesmo tempo, a unha vella reclamación da veciñanza da zona.

O tenente de alcaldesa e concelleiro da área de Medio Ambiente, Miguel Fernández, explicou que as tarefas, que comezaron xa o sábado para ocasionar as menores molestias posibles á poboación, incluíron o lavado de paramentos horizontais e verticais con máquina de auga a presión, a limpeza das varandas, así como o raspado manual das zonas nas que existen pasos inferiores de vehículos ou persoas, a reparación dos enfoscados, a aplicación dunha imprimación e o seu repintado.

“A nosa vontade é mellorar, así, un lugar de entrada á cidade que esixía de coidados para que redundasen na súa conservación e imaxe, ao tratarse dun enclave que acolle moito tránsito propio pero tamén de residentes noutros puntos próximos que empregan este itineraio para chegar aos centros educativos e de saúde sitos nesta parte da capital”, sinalou o concelleiro.

Miguel Fernández destacou, igualmente, que os traballos, que tiveron un custo de 5.000 €, dan continuidade aos xa realizados nas inmediacións para incrementar as prestacións do estacionamento contiguo onde se colocaron topes e se restaurou o peche perimetral de madeira en prol dunha maior seguridade tanto para as persoas usuarias do recinto como para as e os viandantes.