Skip to main content
Lugo

Mellora a accesibilidade na rúa Alba, en Lugo

Por 3 Febreiro, 2021Sin comentarios

Rubén Arroxo supervisou os traballos

A rúa Alba, de Lugo, acolle estes días as obras para mellorar a accesibilidade na beirarrúa. O tenente de alcalde e responsable de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, comprobou in situ este mércores o desenvolvemento dos traballos, xunto ao concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Pena, e veciños da zona.

A concellería de Infraestruturas inviste 5.000 euros nesta actuación que, segundo explicou Alexandre Penas, “trátase dunha necesidade da veciñanza que leva pendente moito tempo, e que vai supoñer unha mellora no seu día a día”.

A actuación na rúa Alba complementarase nos vindeiros meses, segundo o edil de Infraestruturas, con máis traballos na zona “para mellorar a estética e as condicións de vida da veciñanza”.

O concelleiro nacionalista explicou que “as solicitudes dos veciños e veciñas, xunto coas visitas que realizamos por toda a cidade, permítennos planificar o traballo que realizamos, buscando mellorar a calidade de vida  e o benestar das veciñas e veciños”.