Skip to main content
O Incio

Mercar a camisola do Terra Brava XIX poderá ter premio

Por 5 Abril, 2022Abril 6th, 2022Sin comentarios

A organización do Festival Terra Brava que terá lugar no Incio o próximo 13 de agosto animan aos veciños a mercar a camisola do Terra Brava XIX.

Este ano ao mercar a camisola o cliente levará tamén unha rifa para o sorteo dun pandeiro e unha pandeireta do artesán Xosé Maceda Percusión e unha noite para dúas persoas na casa de turismo rural de Trascastro A Niñada.

O Incio recupera, tras dous anos de parón, o Festival Terra Brava. Esta cita será o vindeiro 13 de agosto no municipio. O evento de música tradicional e popular contou nas súas anteriores edicións con sesión vermú, almorzo popular, actividades para nenos e, a noite, concertos de grupos tradicionais galegos.

Os organizadores xa están a confirmar os grupos que formarán o cartel entre os que se atopan Ruxe Ruxe, O Paco e Dios Ke te Crew.

Terra Brava é o festival de música máis antigo da comarca de Sarria. A última das súas edicións cambiou a súa localización tendo lugar nunha carballeira na estrada do Incio a Óutara.

Esta celebración súmase ao ciclo de festivais que se están retomando despois da situación dos últimos anos. Outro festival que retoma a actividade é o Esmorga Fest que terá lugar o 1 e 2 de abril.