Skip to main content
Axenda CaducadaFoz

O Torques de Marzán e O Centiño de San Martiño presentan a súa nova obra ‘De Poucas Luces’ en Foz

Por 11 Novembro, 2023Sin comentarios

A asociación de veciños O Torques de Marzán e o grupo de teatro O Centiño de San Martiño presentan a súa nova obra ‘De Poucas Luces’.

Esta cita teatral será o vindeiro sábado 18 de novembro no local social ás 19.30 horas. É unha actividade aberta a todos os públicos.

‘De poucas luces’ sitúase na época do Nadal e, aínda que o título leva a pensar e “pouca cabeza”, é máis ben un canto ao valor da humildade, nun mundo no que semella gobernar a soberbia.