Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

Pequenos repuntes de casos de covid-19 en Viveiro e Burela

Por 15 Decembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

A provincia de Lugo continúa coa súa tendencia a baixa e chega aos 470 casos activos de covid-19, 16 menos que onte. Este dato vén condicionado coma sempre polos 10 novos positivos (onte foron 18) e polas 28 altas. Ademais hai tamén un acumulado de infectados de 6.652 e 6.041 curados. Por outra banda, tamén faleceu un novo paciente e xa son 140 as persoas que perderon a vida na provincia dende que comezou a pandemia.

A hospitalización mantense estable cun ingresado menos. Seguen 6 os ingresados na UCI e 20 persoas en planta (unha menos que onte). No Hula hai 12, 3 na Mariña (un menos) e 5 no de Monforte.

Por concellos, pequenos repuntes de novo no Concello de Viveiro, onde hai 11 casos novos nos últimos 15 días, e Burela, con 14.

Pola contra, O Vicedo, Barreiros, Trabada, Lourenzá, Riotorto, Mondoñedo, O Valadouro e Ourol non tiveron ningún positivo na última quincena e o resto están por debaixo de 10.