Skip to main content
Destacadas AMARIÑAXADestacadas Otros AMARIÑAXA

Pescadores do País Vasco, Andalucía e Cataluña participan nas xornadas da asociación a Ribeira en Foz

Por 18 Abril, 2024Sin comentarios

Desde a Asociación a Ribeira de Foz volven potenciar o deporte náutico na comarca facendo canteira entre os máis  novos e traballando en desestacionalizar a actividade turística local, exportando a nivel nacional e internacional o potencial da  pesca deportiva responsable na Mariña de Lugo. Para iso, poñen en marcha a quinta edición das Xornadas de Pesca con Señuelos programada para o vindeiro sábado 20 de abril en Foz.

O programa comeza ás 11.00 horas na Casa da Cultura coas charlas técnicas que serán impartidas por pescadores  deportivos de gran fama. Tratarase a fondo especies como o  Dentón e a Robaliza e a técnica do “Micro Jjigging”, unha  modalidade en auxe entre os amantes da pesca en vertical con reclamos  artificiais moi pequeniños.

Tamén se falará da  evolución e experiencia tras 15 anos da súa aparición dos  “Vinilos”, reclamos de pesca que se asemellan aos peixes ou outros  organismos acuáticos e están feitos dun material de goma  suave e flexible que lles permite moverse de maneira natural na  auga. Estas xornadas manteñen un éxito continuado co paso dos  anos e chegan xa á súa quinta edición.

Máis de 120 afeccionados

O vindeiro sábado, volverán ter un gran número de participantes, xa que contan con máis de 120 afeccionados anotados á única parte do programa  para a cal é necesaria unha inscrición, a xa clásica comida de irmandade  que sempre facemos e que permite aos afeccionados  á pesca deportiva, que chegarán ese día a Foz desde moitos e  diversos puntos de España (País Vasco, Cantabria, Asturias,  Andalucía ou Cataluña) para establecer lazos de amizade e  intercambiar os seus coñecementos.

O obxectivo do evento como sempre non é o de pescar, senón o  de coñecer a outros pescadores e aprender uns dos outros.  Para a realización deste evento, unha vez máis contan coa  axuda Michel, xerente da tenda “Kukadas” en Foz e coa  colaboración do Concello de Foz, a Asociación  de Comerciantes, e a distribuidora “O peixe Rosa”.