Skip to main content
ActualidadeMar AMARIÑAXAViveiro

Porto de Celeiro alíase con Nautical para reforzar a tecnoloxía da frota

Por 13 Xaneiro, 2021Sin comentarios

Porto de Celeiro estableceu unha alianza tecnolóxica coa firma Nautical a través dunha das súas empresas, Servicios Integrais do Porto de Celeiro (Servicel), co obxectivo de consolidar e reforzar o servizo tecnolóxico á frota.

Nautical, do grupo Arbulu, pasa a ter unha participación activa na xestión e soporte do servizo técnico e comercial de Servicel, na que entra co 40% fronte ao 60% de Porto de Celeiro. A empresa Servicel encárgase de proporcionar á frota innovacións en equipamentos electrónicos da ponte e comunicacións.

A alianza foi valorada por ambos os dous socios como “un feito de grande relevancia no sector marítimo-pesqueiro español e que sen dúbida reforza o apoio tecnolóxico aos buques asociados a Porto de Celeiro”.