Skip to main content
Xove

Portocelo, en Xove, celebrará esta fin de semana as súas patronais

Por 6 Setembro, 2023Setembro 7th, 2023Sin comentarios

As festas patronais da parroquia de Portocelo, no Concello de Xove, na honra da Nosa Señora celebraranse os días 8, 9 e 10 de setembro.

O venres 8, ás 21.00 horas terá lugar a Festa do Langostino e do Churrascada que dará paso á 23.00 hora a unha gran festa animada polo Dúo Tropical e a orquestra Ritmo Joven.

O sábado 9, ás 10.00 horas a tirada de bombas de palenque anunciarán o comezo dos festexos e acto seguido, ás 13.00 horas, celebrarase a misa solemne e ao termo a sesión vermú a cargo de Nueva Fuerza. Pola noite, ás 23.00 horas, Nueva Fuerza tocará na verbena que estará animada tamén pola orquestra Charleston Big Band e Disco Móvil Consuxo.

Este día ás 18.00 horas celebrarase o campionato de bolos.

O domingo 10, repetiranse os festexos do sábado co lanzamento ás 10.00 horas de bombas de palenque. Ás 14.00 horas será a quenda da sesión vermú prolongada co Dúo Pegaso.

Estos festexos están organizados pola asociación A Medorra en colaboración co Concello de Xove.