Skip to main content
Ribas de Sil

Programación cultural este xullo en Ribas de Sil

Por 21 Xullo, 2021Sin comentarios

O Concello de Ribas de Sil leva a cabo a programación cultural no anfiteatro da praia fluvial de San Clodio. Unhas actuacións dirixidas a todos os públicos nas que primará a narrativa oral e que ten como finalidade ofrecer a veciños, veciñas e visitantes xornadas diferentes, amenas e divertidas.

Así pois, o vindeiro venres 23 de xullo ás 20 horas farase o espectáculo O gato simple, unha obra na que o protagonista -un gato- non sabe ler nin escribir. Desta maneira, ignora o que son os ratos e só lle interesa comer e durmir algo que pode pasarlle factura.

O domingo 25 será o turno de Catoxo co espectáculo Contos de medo que deixan durmir. A actuación ten a finalidade de que os espectadores se rían do medo e se deixen levar por historias de medo que poden disfrutar sen temor a non durmir pola noite a causa do terror.

Xa na semana que vén, o venres 30 voltará Catoxo pero, desta vez, con Contos para escoitar mentras bailamos un vals. Neste espectáculo, o director será o encargado de contar a historia na que unha das integrantes da orquestra chegou a interesarse pola música e saber que instrumento era o que desexaba tocar. Este, como os espectáculos anteriores, celebrarase ás 20 horas.

Para finalizar e pór punto e final ao programa cultural, o sábado 31 ás 23.45 horas será o turno do concerto de Sr Jingles. O concerto terá influencias de figuras nacionais do rock clásico coma Carlos Tarque, M-Clan ou da escena indie como Vetusta Morla. Sr Jingles interpreta un rock contundente, con letras cargadas de significado; que poñerá o broche de ouro a unhas xornadas cargadas de humor e alegría nas que se poderá disfrutar de actuacións para todos os gustos.

Arriba, o contacontos Caxoto; abaixo, un concerto de Sr Jingles.