Skip to main content
Lugo

Protectoras de animais da provincia organizan un evento solidario hoxe en Lugo

Por 20 Decembro, 2023Sin comentarios

Varias asociacións da provincia celebran hoxe en Lugo a segunda edición do evento Vibrisas Soliadarias, co que se pretende recadar fondos para as diferentes protectoras de animais.

O acto terá lugar entre as 17.00 e as 21.00 horas en La Ferretería da rúa San Froilán.

Haberá un mercadiño solidario, ademais dunha chocolatada con biscoito. As persoas que asistan recibirán información de como coidar as súas mascotas, escoitar contos ou facerse fotos.

Ademais, os distintos colectivos recollerán pienso, roupa, correas, pelotas e todo aquelo que poda servir para axudar a manter a estes animais nas protectoras.

Colaboran as asociacións Almanimal, Michos de Lugo, Huellas de Sarria, AGAE, Miau lemos, Refugio Becerrea e APA Foz.