Skip to main content
Foz

Ría de Foz incorpora unha proba de 10 quilómetros na Carreira Popular Urbana Campo da Cabana

Por 13 Abril, 2024Abril 14th, 2024Sin comentarios

O Club Atletismo Ría de Foz presenta o seu calendario de carreiras Run Foz Run para este ano. Como principal novidade, incorporan unha proba 10km, distancia que moitos corredores veñen demandando dende fai tempo.

Deste xeito, a primeira das competicións terá lugar o sábado 18 de maio coa Carreira Popular Urbana Campo da Cabana, que abrirá en breves as súas inscricións. Trátase dun percorrido con dúas modalidades, de 10 e de 5 quilómetros.

O programa continúa en agosto coa décimo quinta edición do Foz Run. Pola súa parte, Ría de Foz organiza o 20 de outubro a V edición do Cros Os Castros Cangas e o 22 de decembro o tradicional Run Foz Run Nadal.