Skip to main content
Cervo

San Román acolle un magosto con degustación de castañas e actuación musical

Por 19 Outubro, 2023Sin comentarios

A tempada dos Magostos chega tamén ao Concello de Cervo. A Comunidade de Montes de San Román organiza a súa propia celebración o vindeiro 21 de outubro.

O evento, que conta coa colaboración do Concello, será en horario de tarde e comezará a partir das 18.00 horas. Toda a xornada desenvolverase no pavillón de San Román para todos os que se queiran achegar.

Os asistentes gozarán dunha tradicional degustación gratuíta de castañas, porén a programación tamén recolle unha actuación da man dos Acordeonistas da Mariña que poñerán o toque musical na cita.