Skip to main content
O Incio

Santa Cruz de Oural en O Incio xa conta con auga municipal

Por 14 Decembro, 2021Sin comentarios

O Concello do Incio vén de executar as obras de abastecemento ao núcleo de Santa Cruz de Oural, unha obra proxectada en 50.000 € e financiada nun 90% por Augas de Galicia e fondos FEDER «Unha maneira de facer Europa», como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19.

Esta axuda encádrase na convocatoria de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixo REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e que se convocan para o ano 2021 (procedemento AU300A).

As obras foron adxudicadas á empresa Adecon Obras e Servizos S.L., que durante os pasados días levaron a cabo as actuacións necesarias para dotar de auga municipal ao núcleo de Santa Cruz de Oural.