Skip to main content
Vilalba

Tanxugueiras actuará en Vilalba polas festas patronais

Por 19 Marzo, 2022Sin comentarios

O Concello de Vilalba vén de anunciar a presencia do trío galego Tanxugueiras nas festas patronais cun concerto de balde o día 30 de agosto. A actuación das Tanxugueiras é a primeira das confirmacións destas datas tan sinaladas para vilalbesas e vilalbeses.

Desde o Concello engadiron que darán máis información a medida que se achegue a data, seguindo as indicacións e protocolos do momento no que se realice o concerto.

Con este anuncio, no que lembraron a presencia das voces de Aida, Olaia e Sabela sobre o escenario do Auditorio Municipal hai pouco máis dun ano, pretenden dar resposta á alta demanda deste grupo logo de romper moldes e revolucionar o panorama internacional.