Skip to main content
ActualidadeRibadeo

Terra Branca convoca a V edición do Concurso de Cartas de Amor

Por 16 Xaneiro, 2019Sin comentarios

A galería ribadense Terra Branca convoca a V edición do Concurso de Cartas de Amor na que poden participar todos aqueles que o desexen cunha carta de amor romántica, peculiar ou divertida.
A obra deberá ser obligatoriamente un orixinal do seu autor e poderá estar redactada en galego ou castelán. O prazo de entrega finaliza o 14 de febreiro.
Os traballos poden enviarse por correo postal, electrónico ou entregarse directamente en Terra Branca, en Avenida de Galicia, 8. 27700 Ribadeo. A dirección de correo electrónico para enviar as cartas é a seguinte galeriaterrabranca@gmail.com
As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse aos seguintes números de teléfono 982 128 171 ou 698 452 124.
O premio consistirá nunha magnífica figura do ceramista Alfonso Otero Regal. O xurado estará integrado por Mini López-Santos Santiago e José Ramón Leal, e un ano máis contará co asesoramento profesional do poeta Paco Rivas.
A carta premiada no Vº Concurso de Cartas de Amor de Terra Branca será lida nas emisoras Radio Foz e Radio Voz e publicada tamén nas redes sociais.