Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Títeres Alakrán actuarán este sábado na Casa Museo de Manuel María

Por 11 Outubro, 2023Outubro 18th, 2023Sin comentarios

Títeres Alakrán traen este sábado, 14 de outubro, ás 17 h, á Casa-Museo Manuel María o seu último espectáculo, A pita xefa. A peza de monicreques é unha adaptación da obra homónima de Marta Lado, que foi gañadora en 2021 do III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade.

A peza dirixida ao público familiar, e especialmente para nenas e nenos entre catro e once anos, anima a cuestionarse dun xeito divertido os esquemas sexistas dominantes. Protagonizada por unha pita que pode facer moitas cousas como salto de lonxitude, bailar claqué… mais, sobre todo, pode conseguir o máis importante, mudar as normas do galiñeiro.

A escenografía, monicreques e interpretación desta obra de corenta e cinco minutos foi feita por Borja Insua (Títeres Alakrán), un titiriteiro asiduo dos festivais de marionetas que se celebran en Galiza, a Península Ibérica e en América, e que nestes últimos anos levou a cabo propostas moi atractivas e exitosas como Circo Galaico ou a baseada no libro de Manuel María, Os soños na gaiola.

A Casa-Museo Manuel María lembra que para asistir a esta representación é necesario reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621 (billete: 2 euros)