Este ano cúmprense 20 anos da apertura da Oficina de Turismo de Meira, polo que desde este organismo teñen programadas unha serie de visitas guiadas pola vila e arredores, que se celebrarán os martes ás 17:00 horas (salvo o 25 que por ser festivo pásase a visita ao xoves 27). Estas darán comezo mañá, día 11 de xullo.
Ademais, nos meses de xullo e agosto a Oficina de Turismo cambia o seu horario habitual para o de verán, co que estará aberta de martes a sábado de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. Os domingos e festivos abre de 10:00 a 13:30 horas. Seguirán pechando os luns, salvo o 24 de xullo, que por ser véspera de festivo estará aberto en horario normal e pecharase o mércores 26 (despois do festivo do Santiago).
As visitas guiadas faranse ás 11:30 e ás 17:00 horas. Os domingos e festivos soamente terá lugar a das 11:30 horas.
Sempre é mellor reservar para garantizar que se poidan facer, e para a xente de Meira son de balde.