Skip to main content
Cospeito

As mulleres rurais organizan unha viaxe a Cantabria desde Cospeito

Por 12 Setembro, 2023Sin comentarios

A Asociación Mulleres Rurais Cousas Nosas de Cospeito organiza unha viaxe a Cantabria para a fin de semana do sábado 30 de setembro e do domingo 1 de outubro.

A xornada dará comezo ás 7.30 horas diante do concello e dalí partirase ata Comillas, onde pasarán a mañá e despois do xantar sairase dirección Santillana del Mar para pasar alí a tarde e a mañán seguinte ata despois do xantar, que partirán rumbo a Cospeito con parada de novo en Comillas.

O prezo da viaxe é de 180 euros por persoa para os socios e de 200 euros por persoa para os non socios, cun suplemento de 38 euros para os que desexen unha habitación individual.

Todas as persoas que queiran apuntarse teñen ata o 13 deste mes.