Skip to main content
Deportes AMARIÑAXARibadeo

Dous xogadores do club Ría de Ribadeo foron chamados pola Federación Galega de Baloncesto

Por 7 Xaneiro, 2019Sin comentarios

Malia estar en época de vacacións, dous xogadores do club Ría de Ribadeo foron chamados pola Federación Galega de Baloncesto para competir coas seleccións autonómicas dos seus respectivos anos.
Os elexidos foron Zoe Fernández, que foi convocada coa selección galega do ano 2008 para unha xornada de adestramento na Estrada e a disputa dun torneo en Coruña que foi durante os días 3 e 4 de xaneiro.

E Iker Sama, que tamén foi convocado coa selección galega do ano 2004 para unha xornada de adestramento na Estrada e o posterior torneo en terras portuguesas, Anadia, onde o combinado galego cadete de 1º ano mediuse coas seleccións de Aveiro, Porto e Castilla Léon os días 28 e 29 de decembro.

Ambos xogadores atópanse no programa de seguimiento da área deportiva da Federación Galega. Desde o club están  moi orgullosos desta representación.