Skip to main content
ActualidadeDeportes AMARIÑAXALourenzá

O domingo 20 dará comezo o III Cross Comarcal A Mariña Lucense

Por 7 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O domingo 20 de xaneiro ás 12:30 dará comezo o III Cross Comarcal A Mariña Lucense que se disputará no municipio de Lourenzá. Na proba poderán participar tanto atletas federados como non federados. A carreira disputarase nas inmediacións do campo de fútbol da localidade e o pistoletazo de saída será ás 12.30 horas para as corredoras femininas e ás 12.50 horas para os corredores masculinos.
A carreira feminina terá unha distancia aproximada de 2700 m, o que é o mesmo que dúas voltas ao circuíto. Na carreira masculina, a distancia será aproximadamente de 5100 m, cun total de 4 voltas ao circuíto.
As inscricións realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com, cun custo de 5 euros a partir da categoría Sub-23. Os Sub-18 e Sub-20, teñen as inscricións gratis. Os atletas que non teñan chip en propiedade, deberán de pagar 1 euro en calidade de aluguer do chip, e entregar o mesmo ao chegar a meta.
Non se procederá á devolución do importe da inscrición unha vez o atleta estea anotado. O prazo termina o 17 de xaneiro ás 23:59 horas. E non se admitirán inscricións a partir de dita data, nin o mesmo día da carreira.