Skip to main content
ActualidadeRibadeo

Xa hai datas do IV Curso de Música Tradicional Galega de Ribadeo

Por 7 Xaneiro, 2019Sin comentarios

A Asociación Cultural Ronqueta xunto co Cuarteto Tradicional Illa Pancha organizan para os días 19 e 20 de xaneiro o IV Curso de Música Tradicional Galega, coa colaboración do Concello de Ribadeo.
Será impartido por catro grandes mestres como son Pepe Vaamonde (gaita), Miguel Anxo López “Chino” (percusión), Xavier Feijóo “Chisco” (canto e pandeireta) e Fran Sieira (baile) e será nas instalacións da EMMeD.
As prazas son limitadas e o prazo de inscrición xa está aberto. O prezo será de 40 euros para os alumnos da EMMeD e o resto 45 euros.
Para máis información hai que poñerse en contacto con acronqueta@gmail.com ouno teléfono 982 130 856.