Skip to main content
ActualidadeViveiro

O institutos de Viveiro desenvolverán un programa de educación sexual

Por 8 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O Concello de Viveiro vai desenvolver nos institutos do municipio un programa de educación sexual centrado na adquisición de coñecementos, estratexias e habilidades para promover unha educación sexual adecuada e sana. O seu obxectivo é que, ao finalizar o programa, os alumnos teñan adquirido as diferentes aprendizaxes.
Así tratarán os conceptos como sexo, erótica, sexualidade, orientación e identidade, os tres obxectivos centrais da educación sexual: coñecerse, aceptarse e aprender a expresar a erótica de forma que os asistentes se sintan a gusto cos seus corpos. Tamén identificarán os estereotipos e crenzas sobre a sexualidade, coñecerán a influencia dos medios de comunicación sobre a imaxe corporal, os mitos sobre o amor romántico, a xestión dos celos, do abuso e control, as estratexias para xestionar a anticoncepción, os métodos para previr os embarazos non desexados e das infeccións de transmisión xenital e os hábitos de hixiene e auto coidado.
Este programa vai dirixido ao alumnado de 3º e 4º da ESO do IES María Sarmiento e do IES Vilar Ponte e desenvolverase entre o 11 de xaneiro e o 27 de febreiro, ao longo de 33 sesións nas que se aplicará unha metodoloxía que abordará os contidos de forma teórica, dando paso a dinámicas grupais de traballo participativo.