Skip to main content
ActualidadeBarreirosFoz

O PSOE de Foz presenta alegacións no Proxecto de Trazado da Autovía A-74 tramo Foz – Barreiros

Por 10 Xaneiro, 2019Sin comentarios

Tal e como anunciaron no mes de decembro, o PSOE de Foz preparou unha serie de alegacións para mellorar o Proxecto de Trazado da Autovía A-74 no tramo Foz-Barreiros naqueles puntos que consideran de maior relevancia

O PSOE de Foz c0nsidera que esta infraestrutura supón un impulso fundamental para Foz e para toda a comarca, “pois permitirá desenrolar o turismo e o sector produtivo, acortando os tempos de desprazamento de persoas e mercadorías”.

“Toda gran infraestrutura presenta impactos de gran calado, pois é moi relevante a dimensión de terreo que ocupa. É por isto que desde o PSOE de Foz quixemos facer desde o primeiro momento unha tarefa didáctica que consideramos fundamental, achegando o Proxecto aos veciños e expoñendo os posibles problemas que poderían ter nas súas propiedades. As reunións programadas en San Martiño, Vilaronte, Marzán e Fazouro contaron con gran afluencia de público e puideron ser resoltas as principais dúbidas da veciñanza”, afirman.

As alegacións presentadas fundamántanse en catro accións. A primeira sería a mellora do Enlace do Carme co deseño dun enlace completo, con saídas sentido Burela e Barreiros, con desprazamento do enlace ao nordeste para evitar a afección á vivenda existente e o recheo sobre a estrada LU-152 Ferreira – Foz.  “Esta modificación permitirá un impulso definitivo ao turismo da Basílica de San Martiño de Mondoñedo, así como un acceso inmediato á autovía dos veciños das parroquias de San Martiño, Vilaronte, Santa Cilla e San Acisclo. Ademais evitará o impacto visual e a afección á vivenda do enlace proxectado na actualidade”, explican.

Propoñen tamén unha mellora do Enlace de Foz deseñando un carril adicional de subida para o aumento da fluidez de circulación, evitando as retencións que poderían provocar os vehículos pesados. Ademais, solicítase a redución da liña límite de edificación na linde co polígono de Fazouro para favorecer o seu impulso.

Tamén propón a mellora do Enlace de Espiñeira (Barreiros) coa prolongación dos catro carrís da autovía ata as bifurcacións existentes actualmente no entronque da Autovía do Cantábrico A-8. “Esta mellora favorece a fluidez na circulación e a seguridade vial.”, afirman.
Finalmente alegan a mellora da permeabilidade na zona da Baesta (Vilaronte – Foz) coa substitución do recheo de gran altura –ata 35 metros- por un viaduto na zona da Baesta (Vilaronte) para reducir o impacto visual e mellorar a permeabilidade da infraestrutura aos habitantes do barrio e á fauna salvaxe.