Skip to main content
ActualidadeBarreiros

O Concello de Barreiros fixo entrega dos premios aos gañadores do Concurso de Poesía e Debuxo

Por 16 Xaneiro, 2019Sin comentarios


O Concello de Barreiros fixo entrega dos premios aos gañadores do Concurso de Poesía e Debuxo de Nadal, que organizou a Biblioteca Pública Municipal de Barreiros.
Na modalidade de Poesía os participantes que resultaron gañadores foron: Xela Veiga Iglesias, Ángela Ventoso Carrera, Aaron Rodríguez Enterríos, Armando Ventoso Carrera, Saray López García e Anxo López Val.
No apartado de Debuxo os gañadores foron: Leire López Boto, Inés Seco Sánchez e Noa Irimia Mariña.
Xunto ás rapazas e rapaces estivo a concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, que agradeceu a participación de todos os que presentaron os seus traballos a estes certames.