Skip to main content
ActualidadeFoz

O Centro Comercial Aberto de Foz organiza unhas charlas sobre como impulsar un negocio

Por 17 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O Centro Comercial Aberto de Foz organiza un ciclo de conferencias titulado Impulsa o teu negocio, que se celebrarán os días 21 e 28 deste mes de xaneiro. Están dirixidas a autónomos e empresarios. As charlas terán lugar na Casa da Cultura ás 20:30 horas e a entrada será libre.
O poñente será Alberto Ferreiro, empresario, conferenciante, mentor e formador de emprendedores, autónomos e empresarios con máis de quince anos de experiencia no mundo dos negocios.
A primeira charla, que leva por título ¿Es escravo ou dono do tu negocio?, celebrarase o vindeiro luns, 21 de xaneiro. Estará dirixida a todos aqueles autónomos e empresarios que ven como os seus negocios non avanzan e que se ven atrapados no día a día, non conseguindo os resultados esperados e que en moitos casos acaban pagando un alto prezo polo esforzo. Farase un análise das causas e daranse claves prácticas para comezar a saír desa situación.
A segunda conferencia, titulada Cómo converter o teu negocio nunha empresa de éxito terá lugar o luns 28 de xaneiro. Nela poñerase o foco sobre os puntos máis importantes que determinan hoxe en día o éxito dunha empresa, e non soamente referido á conta de resultados senón a acadar un estilo de vida que permita disfrutar ao máximo dos proxectos tanto profesionais como persoais.