Skip to main content
ActualidadeCervo

O concello de Cervo anima á veciñanza a revitalizar as súas fincas con árbores froiteiras

Por 17 Xaneiro, 2019Sin comentarios

A edil de Medio Ambiente do Concello de Cervo, Mali Méndez, informou de que “ata o día 30 deste mes está aberto o prazo de solicitude de árbores froiteiras”. A veciñanza pode sumarse a este pedido conxunto que suporá un importante aforro, cubrindo o impreso que xa está a disposición no Rexistro Xeral do Concello. Hai dispoñibles máis de 30 especies diferentes.
Méndez precisou que con esta iniciativa que levamos xa facendo varios anos, o que “pretendemos é animar aos cervenses a que revitalicen as súas fincas coa plantación destas árbores, para que cada vez sexan máis produtivas”.