Skip to main content
ActualidadeDeportes AMARIÑAXAFoz

O Centro Comercial Aberto de Foz entregou a bandeira ao equipo de baloncesto

Por 21 Xaneiro, 2019Sin comentarios


O Centro Comercial Aberto de Foz entregou unha bandeira de grandes dimensións destinada á afección do equipo de baloncesto local, o Celtas CCA de Foz. Foi antes do encontro que os enfrontou en Marzán ao Allariz.
A bandeira mide 54 metros cadrados (9×6) e serviu para animar aínda máis ao Celtas CCA de Foz, desde as bancadas do pavillón de Marzán. O equipo de baloncesto focense conta co patrocinio da ACIA/CCA focense. No acto participaron o presidente, José Carlos Paleo, así coma o presidente do Celtas, Miguel Fraga, e directivos tanto de Acia como do club.