Skip to main content
ActualidadeRibadeo

Daniel Vega, candidato do PP de Ribadeo, presenta unha lista de "incumprimentos do alcalde"

Por 22 Xaneiro, 2019Sin comentarios

Daniel Vega, candidato do PP a alcaldía de Ribadeo fixo un análise dos incumprimentos do programa do BNG de Ribadeo. Según o popular “o que ía nos papeis aló polo ano 2011 está sen facer no 2019. Poñían aqueles papeis que se ía producir biogás a partir de purín e tamén enerxía a partir de biocombustibles e aínda non vimos nada destes proxectos”.
“Algunha destas ideas foron a banda ancha da internet nas parroquias, a cal poderíamos chamar banda estreita, ou o I Plan de Mobilidade de Ribadeo, e as liñas de subvencións para corrixir o impacto paisaxístico, fóra das que ofrece a Xunta” engade o popular.
“Tamén se falaba de mellorar os niveis de limpeza de rúas, e non é necesario comentar moito disto xa que só hai que mirar a foto e ver como están as rúas a diario. A veciñanza está farta do mal funcionamento do servizo de recollida de residuos e de limpeza viaria” conclúe Vega.