Skip to main content
ActualidadeBurela

O Concello de Burela organiza un curso de formación dixital para estranxeiros

Por 22 Xaneiro, 2019Sin comentarios

A Concellería de Inmigración e Cooperación de Burela organiza un curso de formación dixital que se celebrará dende o vindeiro luns, 28 de xaneiro, ata o 13 de febreiro.
A concelleira responsable deste departamento, Angélica Gómez Sánchez, explica que “se trata dun curso básico de formación dixital e está dirixido a aquelas persoas estranxeiras que queiran aprender programas e ferramentas básicas relacionadas co campo da informática, para así aumentar a súa formación e empregabilidade”.
A edil de Inmigración e Cooperación engade que “este curso formativo ten por obxectivo axudar a acadar un bo grao de integración aos inmigrantes residentes en Burela. Esta acción está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo”.
O curso terá unha duración de 20 horas. Dará comezo o luns da vindeira semana, día 28 de xaneiro, e rematará o 13 de febreiro. O horario será de 9:30 horas a 13:30 horas e desenvolverase no Concello de Burela.
As persoas interesadas poden solicitar máis información na Casa do Concello ou chamando ao número de teléfono 982 58 60 00 e 982 58 06 09.