Skip to main content
Actualidade

O Goberno central anuncia 71,2 millóns de euros en investimentos na provincia

Por 22 Xaneiro, 2019Febreiro 1st, 2019Sin comentarios

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, adiantou un aumento de investimento real de Fomento na provincia de Lugo dun 18,24 % respecto de 2018, tras analizar o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2019. Segundo explicou, a provincia terá unha achega de 71,2 millóns de euros, con partidas para avanzar nas principais infraestructuras “que vertebrarán a vida da zona”, explicou nunha roda de prensa en Lugo acompañado pola subdelegada provincial, Isabel Rodríguez.

“O obxectivo non cambiou. O obxectivo é o mesmo: garantir o progreso de Lugo e converter esta provincia nun referente do noroeste español. E estes Orzamentos están feitos para avanzar nese camiño Imos seguir traballando para revertir a parálisis que sufriu Lugo nos últimos anos, con anuncios de investimento sobre o papel que nunca se facían realidade”, avanzou Javier Losada en roda de prensa.

O delegado do Goberno ve nos PGE a resposta ás “políticas regresivas e antisociales do Partido Popular”, pois buscan “devolver dereitos e ilusión ás galegas e galegos” para que a Comunidade “avance e progrese”. Por ese motivo pon en valor o incremento global de 207,4 millóns de euros nos recursos que destina o Executivo a Galicia, que acumula case 8.500 millóns de euros, 3.142 euros por cada persoa da Comunidade.

“Feijóo critica o investimento en cemento porque o Orzamento do Goberno é a resposta a eses recortes sociais que durante os últimos anos aplicou o Partido Popular”, continuou. Fronte a iso, Javier Losada suscita o dato de investimento real na provincia de Lugo, de 71,2 millóns de euros, un 18,24 % máis que o previsto en 2018.

“Son uns orzamentos realistas, que garanten investimento, que permiten completar grandes proxectos e dar continuidade a outros. Uns orzamentos realistas para executar e para que Galicia e Lugo avancen. Son uns orzamentos sociais, que pensan nas persoas, que non deixan a ninguén atrás, que fan un esforzo para recuperar dereitos e benestar social. E son uns orzamentos progresistas, que garanten os ingresos, cunha política contributiva que protexe ás pequenas e medianas empresas, que protexe ás familias con rendas medias e rendas máis baixas”, subliñou.

Javier Losada defendeu as “dúas vertentes ben definidas” dos PGE, que son “as persoas e o cemento”. “O Goberno centrou os seus esforzos nas persoas que son as que peor o están pasando”, dixo malia que os investimentos no capítulo de infraestructuras tamén crecen en Lugo.

En investimentos en estradas as cifras mantéñense, pois o ano pasado foron 43,4 millóns de euros e en 2019 son 43,5. No capítulo do ferrocarril, aumentan desde os 8,8 millóns de 2018 ata os 17,4 actuais, un 96,1 % máis.

Son 9 millóns de euros, 5,8 do tramo Vilamoure-Nadela e 3,2 de Melide (A Coruña)-Palas de Rei, para a A-54 (Lugo-Santiago), que se acabará en prazo en 2021 e na que o ano pasado apenas se executaron 3,5 millóns de euros. Están contemplados cinco millóns de euros para o sistema antiniebla da A-8 (Irún-Baamonde). Outros 3,4 millóns irán á A-56 (Lugo-Ourense), que tivo unha execución en 2018 de 1,7. A A-74 (A Mariña) ten 1,8 millóns e a A-76 (Ponferrada-Lugo), 400.000 euros; ambas sen execución en 2018. Ademais, están previstos 9,4 millóns para adecuación dos túneles en estradas de Lugo.

importante, segundo defendeu Javier Losada, é a execución, que cos orzamentos anteriores estaba “once puntos por baixo da media nacional”, con 2.000 millóns de euros sen destino nos últimos cinco anos en Galicia.

Respecto ao capítulo crave dos PGE, o vinculado ás persoas, o delegado do Goberno subliñou que “a revalorización das pensións que beneficiará a 675.302 galegos”, cun investimento extra en Galicia de 61,5 millóns de euros. ?En concreto, son 116.000 lucenses que dispoñerán de 9,4 millóns de euros máis para incrementar as súas pensións?, desgranou.

En global, o incremento nas bolsas para chegar a 52.426 estudantes chega con 30,5 millóns de euros. A recuperación do subsidio de desemprego para maiores de 52 anos supón un investimento de 15,1 millóns para chegar a 5.343 galegos e galegas.

A equiparación no dereito de paternidade e maternidade implica un aporte de 14,5 millóns para beneficiar a 9.153 galegos e galegas, dos que 2.000 serán lucenses con 1,6 millóns de euros máis. O desenvolvemento do Ingreso Mínimo Vital para chegar a 73.967 galegos e galegas conlleva 9,5 millóns. Ademais dos 551.059 pensionistas en Galicia que se beneficiarán da supresión progresiva do copago farmacéutico.

Javier Losada, ademais, animou aos municipios lucenses a que se unan ao programa para facer fronte ao reto demográfico. En concreto, dixo que están previstos 80 millóns de euros para os municipios con menos de 10.000 habitantes. No caso de Lugo, segundo indicou, son 61 dos 67 concellos os que cumpren esta condición.

“Temos un orzamento realista, social e progresista para revertir as políticas regresivas do PP. Un Orzamento que demostra que o goberno está comprometido con Lugo”, concluíu.

Estes son algúns dos principais investimentos na provincia:

Confederación Hidrográfica Miño-Sil (Lugo, Ourense y Pontevedra)

15.380.000

Adecuación de túneles de estradas de Lugo ao RD 635/2006 sobre seguridad

9.435.740

Renovación Variantes liña Monforte Lugo (Adif)

8.800.000

A-54. Tramo Vilamoure-Nadela e conexión con Lugo

5.813.280

Electrificación liña Monforte Lugo (Adif)

5.100.000

A-8. Sistema de protección antinéboa na Xesta

5.000.000

A-56. A Barrela (Lugo)-San Martiño (Ourense)

3.370.000

A-54. Melide (A Coruña)-Palas de Rei (Lugo=

3.251.270

N-642. Rehabilitación do firme

2.280.620

RENFE

2.171.000

A-74. Burela-San Cibrao

1.299.510

SEPI

1.258.000

Intervención no Camiño Francés en concellos de Lugo

1.200.000

A-74. Foz-Burela

446.910

A-76. Circunvalación de Monforte

422.290

Actuacións de Costas

430.000

Conservación e restauración Mosteiro San Vicente do Pino (Monforte)

400.000

Actuacións en instalacións de seguridade ferroviaria

338.000

Estacións de ferrocarril

318.000

Actuacións en infraestruturas ferroviarias

268.000

N-547. Melloras dos cruces dos Camiños de Santiago

200.000

N-540. Rehabilitación do firme

200.000

L.A.V. Ourense-Lugo

160.000

Consolidación estrutural da Muralla de Lugo

150.646

A-54. Narón-Guntín e intercambiador Guntín

150.000

Rehabilitación Pazo General Peredes. Portomarin

150.000

Protección de pasos entre andenes ferroviarios

145.000

Inversións transversais ferroviarias

126.000

Obras da Garda Civil

100.000

N-VI. Mellora seguridade en glorieta Outeiro de Rei

100.000

A-74. Barreiros-Foz

100.000

Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL)

90.000

A-8. Guitiriz-Lavacolla

50.000

A-56. Lugo-Ourense

20.000

Aparcamento en Mondoñedo

15.450