Skip to main content
ActualidadeBarreiros

O grupo teatral O Bordelo porá en escena Toluras de proveito en Barreiros

Por 22 Xaneiro, 2019Sin comentarios


A Concellería de Cultura barreirense organiza unha representación teatral que terá lugar o vindeiro domingo, 27 de xaneiro.
O grupo O Bordelo porá en escena a obra Toluras de proveito. Será no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro o domingo ás 18:00 horas.
Trátase dunha comedia costumista, orixinal do director do grupo, Francisco Piñeiro.