Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXAAMARIÑAXA

O BNG denuncia o uso de gas e residuos procendentes de Asturias para fertilizar terras galegas

Por 23 Xaneiro, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios


O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas instou á Consellería de Medio Rural a iniciar o control sobre  residuos de hidróxido de calcio procedentes do Principado de Asturias e regalados a agricultores galegos para fertilizar as terras. A través dunha proposición non de lei, o nacionalista tamén cominou á consellería a  realizar campañas de información e formación dos agricultores sobre lexislación e uso destas lamas coma fertilizantes e vixiar o estado das terras de cultivo e augas próximas polos efectos por metais pesados e outras substancias  das lamas de depuración.
O parlamentario explicou que na localidade de Bervola, no concello de Llanera ,Asturias,  a sociedade Epa Calprin acumulou  a 41.612m3 de hidróxido de calcio, residuo que permaneceu sen protección contra a filtración no solo,  durante 20 anos. Tras numerosos expedientes sancionadores, o Principado de Asturias denunciou a situación ante a  Fiscalía que no mes de marzo de 1999 condenou ao promotor, por un delito contra o medio ambiente, retirar o depósito e proceder á limpeza do terreo.
A sociedade desapareceu  e a Fiscalía requiriu o cumprimento da sentenza ó Principado que en 2016 contratou a Cogersa para a retirada dunha primeira partida de 8.300 Tm, trasladas ao vertedoiro de residuos perigosos de complexo de Serín.
Posteriormente, o Principado de Asturias, a través dun concurso público adxudicou o contrato á CESPA, Gestión de Residuos S.A do grupo Ferrovial, para traballos de carga, transporte e entrega ao xestor autorizado dos residuos para operacións de valorización do acopio de hidróxido de calcio situado na antiga EPA CALPRIN e o acondicionamento final na Bervola nun prazo de 38 meses e por un importe de 1.596.657euros.
Rivas afirmou que sen embargo, as  primeiras toneladas deste material están sendo regaladas polo  grupo Ferrovial a agricultores galegos para “uso agrícola sen advertir da súa procedencia e o risco que poida supoñer o residuo perigoso”. Por outra parte, engadiu que dende hai varios ano “estase utilizando coma fertilizante por algúns agricultores, especialmente nas terras adicadas a millo forraxeiro, lodos e lamas procedentes de Edares”.
O deputado do BNG reclamou á Consellería de Medio Rural actuar sobre o uso das lamas da depuradora así como dos residuos de hidróxido de calcio procedentes do Principado de Asturias, ademais facer un seguimento dos residuos de hidróxido de calcio regalados a agricultores galegos para pescudar a súa perigosidade e actuar en consecuencia.”
As propostas defendidas polo parlamentario do BNG foron rexeitadas polo grupo maioritario do Partido popular.