Jesús Novo opta á reelección como alcalde popular do concello do Vicedo

Jesús Novo opta á reelección como alcalde popular no concello mariñán do Vicedo nas vindeiras eleccións municipais de maio deste 2019 tal e como o aprobou o comité local do Partido Popular.

Á confianza do comité local engádese a presidenta provincial do PP, Elena Candia, que non dubida en que “tamén a logrará unha vez máis por parte dos vicedenses nas urnas”. De feito, “Novo é o alcalde con máis porcentaxe de apoio por parte dos seus veciños e veciñas da comarca da Mariña”, engade Candia que ten palabras de agradecemento para o alcalde e candidato á reelección como “político comprometido co seu pobo e os seus veciños aos que defende e seguirá defendendo. É un rexedor con experiencia e vontade de dedicación”, sinala a presidenta dos populares lucenses.

O popular, que ocupa o sillón da alcaldía dende febreiro do 2001 despois de ser xa concelleiro, avanza que o seu obxectivo é “seguir traballando en beneficio do Vicedo e os seus veciños”. Ata o momento, destaca que “fomos capaces de ter un Concello saneado, con superávit, grazas a unha boa xestión económica”. Polo tanto, agarda “contar co apoio dos vicedenses para realizar investimentos e novas obras no vindeiro mandato cos remanentes que deberán ser liberados”.

Novo manifesta o seu interese por “traballar para favorecer os servizos no día a día dos veciños e tamén por xestionar os servizos que nos demandan”. É o caso do centro de día, unha infraestrutura moi demandada polos vicedenses e que “agardamos poñer en marcha canto antes trala entrega das obras prevista para o vindeiro mes de abril”.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: