O Concello de Mondoñedo rematou as obras de acondicionamento e mellora da estrada de acceso ao Alto do Padornelo. Trátase dunha actuación necesaria e importante debido ao mal estado no que se atopaba a citada estrada e con este acondicionamento e mellora levado a cabo darase unha mellor seguridade viaria aos usuarios da mesma. A Xunta de Galicia colaborou nesta actuación aportando 21.992,57 euros.