Skip to main content
ActualidadeBurela

O Concello de Burela distribuirá entre os centros de ensino exemplares dos dous libros sobre concienciación

Por 31 Xaneiro, 2019Sin comentarios


O Concello de Burela distribuirá entre os centros de ensino 1.000 exemplares dos dous libros presentados polo alcalde, Alfredo Llano, e pola concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben. Un versa sobre un ben tan prezado como é a auga e o outro, protagonizado polos Bolechas, céntrase na solidariedade e a integración.
O rexedor burelés explicou que “a intención, a través de Medio Ambiente e de Servizos Sociais, foi facer dúas publicacións. Unha delas é relativa á auga. En Burela amamos a auga é o título que ten este libro, onde se explica de onde nos surtimos nosoutros, cales son as canalizacións e as nosas fontes para abastecernos en Burela. Ademais faise un repaso xeral da importancia que ten a auga, cada vez máis hai que procurar ter a auga nas mellores condicións posibles, de onde proceda tamén mantelo limpo, e con garantías constantemente. Consideramos que este libro é moi importante no aspecto veciñal, de informar e de aprender. É unha guía moi boa para saber sempre que se pode facer coa auga, como se pode aforrar e como se pode utilizar na vida doméstica. A importancia da auga agora mesmo no aspecto de que pode escasear, de que hai etapas que pode haber máis e outras menos, sempre mantela nas mellores condicións e aforrar o máximo posible. Polo tanto, como consideramos que é un libro bo e importante para os rapaces que están facendo Primaria, Secundaria e os ciclos formativos de Medio Ambiente, imos repartilo para a semana que ven por todos e cada un dos colexios e institutos de Burela”.