Skip to main content
ActualidadeDeportes AMARIÑAXARibadeo

O Concello de Ribadeo rematou as obras realizadas na cuberta do pavillón polideportivo

Por 31 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O Concello de Ribadeo rematou as obras realizadas na cuberta do pavillón polideportivo da rúa Alfredo Deaño. O concelleiro de Deportes, David Rivas, salientou que con estes traballos deuse solución ás filtracións de auga que sufría o edificio.
O edil contou que “este pasado venres remataron as obras na cuberta do pavillón polideportivo da rúa Alfredo Deaño”.
David Rivas explicou que “son uns traballos que van solucionar dunha vez por todas os graves problemas de filtracións de auga que sufría este edificio, tanto na planta baixa como no local que a asociación Amigos da Gaita ten no primeiro andar”.