Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXABarreirosBurelaViveiro

Tres mariñaos gañan o certame provincial de poesía organizado polas bibliotecas

Por 7 Febreiro, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

Tres mariñaos resultaron gañadores da fase provincial do Concurso de Poesía Infantil que organiza a Biblioteca Nodal de Lugo en colaboración coas bibliotecas municipais de toda a provincia.
Así, na categoría A non houbo gañadores na zona pero na B, para pequenos de 9 a 11 anos, o primeiro premio correspondeu a Uxía Arnejo Rolle, de 11 anos e de Viveiro. Nesta mesma categoría tamén obtivo un accésit Saray López García, de dez anos, que se presentou pola biblioteca de Barreiros.
Finalmente, na categoría de maiores, para os que teñen entre 12 e 16 anos o terceiro premio foi para Laura González Freire, de 12 anos, e residente en Burela.
A entrega de premios será o 22 de febreiro así como a publicación dos traballos premiados na XXV edición deste certame.