Skip to main content
A PontenovaActualidadeDeportes AMARIÑAXA

A tempada da pesca do salmón no Eo será do 1 de maio ao 15 de xullo sen cuota anual

Por 15 Febreiro, 2019Sin comentarios

A Xunta de Galicia vén de facer públicas as datas nas que se abrirá a tempada da pesca do salmón de río, que será entre o 1 de maio e o 15 de xullo para todos os cotos, como o da Pontenova. Para o resto de capturas a tempada abre o 17 de marzo. A cuota de capturas queda establecida nun exemplar por persoa e día cunha dimensión mínima de 40 centímetros. Non se establece unha cuota anual no río Eo, non así no resto de cotos habituais deste tipo de capturas.

No que atingue aos cebos, están permitidos os naturais autorizados, lombriz e quisquilla e os artificiais, como mosca artificila, culleriña e peces artificiais e similares.