Skip to main content
ActualidadeAlfoz

Alfoz celebrará o Entroido o 4 de marzo

Por 18 Febreiro, 2019Sin comentarios

O desfile de Entroido de Alfoz, tradicionalmente organizado pola Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, estará este ano organizado pola Área de Cultura e Turismo do Concello de Alfoz xunto coa comparsa local Os Fandangueiros. Tal e como indica o tenente alcalde Xabier Pardiñas “Non podíamos deixar de celebrar este evento. Tanto nenos coma maiores agardan o luns de Entroido para vir desfilar a Alfoz desde fai preto de trinta anos”.
O evento iniciarase ás 20:00 horas do luns de Entroido coa apertura de inscricións para todos os participantes. Os desfiles terán lugar ás 21:30 no caso da categoría infantil e ás 23:00 no caso da categoría de adultos e as comparsas e charangas. Durante a velada, que se celebrará no Pavillón Municipal de Alfoz,  actuará a orquestra Chastton. O local estará calefactado e haberá servizo de barra con bocadillos.
Os premios desta edicións ascenden a preto de 1.500 € e os interesados poderán facer a inscrición anticipada no correo electrónico carnavalaalfoz@hotmail.com. As bases do concurso publicaranse na páxina web do concello a partir da próxima semana.