Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXADeportes AMARIÑAXA

A Mariña acollerá a proba internacional Raid Gallaecia

Por 20 Febreiro, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, presentou na Praza Maior de Viveiro, a cuarta edición do Raid Gallaecia, unha proba multideportiva que se celebrará entre o 10 e o 19 de maio nos concellos da Comarca da Mariña e en Muras, e na que participarán máis de 150 deportistas de todo o continente. No acto, Campos Conde estivo acompañado polo deputado de Deporte, Pablo Rivera Capón, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, o presidente da Mancomunidade da Mariña, Alfredo Llano García, os organizadores e representantes de varios dos concellos polos que descorrerá a proba.
O presidente destacou que “A Mariña descóbrese como espazo cunha gran potencialidade para as competicións que unen deporte e o patrimonio natural, así se demostrou fai unhas semanas co Illa Pancha Challenge, un evento que encheu Ribadeo de afeccionados ao surf, e agora temos outro bo exemplo: este Raid Gallaecia, un evento oficial puntuable para as series mundiais, na que os equipos pasarán tres días unindo diversas disciplinas deportivas”.
Trátase dunha carreira de aventuras por equipos, necesariamente mixtos, ou por parellas que une trekking, MTB, kayak, rappel, espeleoloxía e orientación cun total de entre 74 e 120 horas totais de competición. O percorrido transcorrera polos 16 concellos da Mariña así como por Muras e o municipio asturiano de Castropol, sendo Viveiro centro neurálxico e punto de meta. Unha singular proba de preto de 500 quilómetros que contará con participantes de Estonia, Polonia, Francia, Holanda, Suíza e incluso de Uruguai e Brasil, ademais de equipos de diversos puntos da península”.
Campos Conde explicou que “trátase doutra boa oportunidade para exportar o noso patrimonio natural como atractivo turístico e deportivo. Temos moito máis que ofrecer ademais das praias; o interior da Mariña é unha zona descoñecida para moitos, cun gran potencial polo seu valor ecolóxico e turístico”.
Os equipos estarán localizados en cada momento grazas a tecnoloxía creada especificamente para este tipo de probas, que ademais permitirá monitorizar o cumprimento das normas e os puntos de paso máis interesantes para poder observar a competición.
“O evento ten unhas características moi particulares, é probable que os participantes veñan xunto con acompañantes, familia, amigos e seguidores, que contarán cunha guía con información para seguir a carreira, con puntos de paso dos competidores, así como lugares de interese turístico, natural e gastronómico na zona” explicou o presidente da Mancomunidade da Mariña.