Skip to main content
ActualidadeBurela

A comisión das festas patronais de Burela pide a colaboración dos veciños para o libro anual

Por 21 Febreiro, 2019Sin comentarios

A comisión organizadora das festas patronais de Burela anima á veciñanza a enviar fotos e textos sobre estes festexos. Os mellores formarán parte do libro deste 2019.
Desde a comisión explican que “o que lle pedimos á xente do noso pobo é que nos envíen fotos das festas patronais de Burela e tamén os animamos a escribir voluntariamente un texto, cun máximo de 400 palabra, sobre as festas ou sobre a nosa vila”.
Este material debe remitirse por correo electrónico a comisionfestasburela@gmail.com ou vía mensaxe privada ao facebook das festas patronais burelesas. O prazo de envío remata o 15 de abril.
A comisión organizadora subliña que “entre todas as fotos e os textos que recibamos nas vindeiras semanas elixiremos as mellores para seren publicadas no libro deste 2019. Animamos a toda a xente a participar e a deixar as súas vivencias en imaxes e palabras”.